Axudámoslle a reducir os seus custos de estrutura utilizando os nosos sistemas de almacenaxe e loxística de mercadorías.
Os nosos procesos de loxística, servizos, ferramentas e sistemas, en combinación con localizacións estratéxicas de almacén, axudan aos nosos clientes para satisfacer as súas necesidades loxísticas e alcanzar os seus obxectivos de negocio a longo prazo con moita máis precisión.
O noso principal obxectivo é facilitar a externalización da loxística e converternos nun verdadeiro partner, no departamento de loxística dos nosos clientes axudándolles a conseguir aforros importantes.
Os nosos esforzos céntranse en dar un servizo totalmente flexible, para axustarnos ás súas necesidades.
Ofrecemos un trato personalizado xa que cada cliente ten unhas necesidades loxísticas diferentes e así conseguir que a calidade do servizo sexa excelente.
Programa de existencias online con control polo cliente desde calquera lugar.
Xestionamos e organizamos o teu picking, con manifesto de programación antes das 13 horas e saída o mesmo día.
Asesoramento: Axudamos aos nosos clientes a través dun estudo gratuíto, a decidir cal é a mellor e máis económica opción nas súas decisións na área da loxística, o transporte e a almacenaxe.